Festa en Salcedo a beneficio da investigación no cancro

O sábado 19 de novembro ás 18:30h, no Centro Social de Salcedo, terá lugar unha festa a beneficio da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

O evento, organizado pola escritora Loli Beloso, contará coa participación de Ángel Carracedo e coas actuacións de Tino Baz, Pandereteiras As Estreliñas de Tomeza e o Dúo Fírveda (violín e acordeón).

O importe da entrada é de 5€, e unha fila cero para aportacións voluntarias: ES22 0049 0997 0922 1000 3026 (Fundación Ramón Domínguez)

A recadación íntegra destinaráse aos proxectos de investigación na linea de xenética do cancro que se levan a cabo na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

festa-salcedo