FORMACIÓN
A formación é unha prioridade para o persoal investigador do Grupo de Medicina Xenómica, convencidos da necesidade de fomentar o interese pola investigación e ofrecer á mocidade a posibilidade de ampliar e mellorar a súa formación tanto no ámbito científico coma no técnico.
Por este motivo levamos a cabo formación interna para o noso propio persoal e docencia para investigadores que acoden ao noso centro para realizar estancias formativas ou de investigación.
Ademais é habitual a presenza de membros do noso grupo en cursos formativos abertos a todos os científicos, en seminarios e conferencias científicas así como en actividades de divulgación científica para o público en xeral e para os máis novos en particular.
O GMX ten un especial interese por achegar a ciencia ao público xeral. Especialmente o seu coordinador, o Dr. Ángel Carracedo, que se involucrou en proxectos e actividades de divulgación científica e cuxa presenza é habitual en institutos ou centros educativos desde onde trata de achegar a ciencia aos máis novos.
Por este motivo, recentemente embarcouse no proxecto EduMOTIVAcon_ que pretende mobilizar o talento e o coñecemento de personaxes relevantes para facilitar ao alumnado a adquisición de habilidades de pensamento (a creatividade, o pensamento crítico, a toma de decisións, a aprendizaxe…) e de traballo (como a comunicación e a colaboración), vinculadas todas elas ao crecemento persoal, ao exercicio da cidadanía e á carreira profesional.
VISITAS E ESTANCIAS
Se queres informarte sobre os procedementos que debesseguir para realizares unha estancia formativa ou de investigación con algún dos investigadores do noso grupo, podes contactar directamente ou ben utilizar o formulario de contacto.
Se es profesor de alumnos de bacharelato ou formación profesional e o que buscas é que os teus alumnos poidan coñecer máis de preto o noso traballo e as nosas instalacións durante algunha das xornadas de portas abertas que organizamos ao longo do calendario escolar, contacta con secretaria@idisantiago.es e desde alí axudaranche a fixar a data que mellor se adapte ao voso calendario.
EMPREGO
Destinamos esta sección para dar unha maior difusión ás oportunidades de formación ou de emprego que xorden no seo do Grupo de Medicina Xenómica ou que nos fan chegar outros grupos externos cos que colaboramos. En calquera caso, non nos facemos responsables do seu contido, nin dispomos de máis información, polo que é imprescindible seguir as instrucións que se detallan en cada unha das ofertas.
- PROGRAMA INVESTIGO, de contratación de personas jóvenes demandantes de empleo en la realización de iniciativas de investigación e innovación, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia.
- Perfil 1: Titulado/a Grado II (Diplomatura/Grado < 300 ects) – Investigador. Biología o Ciencias biomédicas. Ver oferta.
- Perfil 2: Titulado/a Grado II (Diplomatura/Grado < 300 ects) – Investigador/a. Grado (Biología, Farmacia, Medicina, Psicología…). Ver oferta.
- Perfil 3: Técnico de FPII ambito sanitario. Ver oferta.
- Perfil 4: Técnico de laboratorio ámbito sanitario. Ver oferta.
- Buscamos candidata/o predoctoral:
- [PECHADO] O CiberER busca incorporar dous doutores en ciencias da vida con experiencia en xenómica médica para a realización de actividades dentro do paquete de traballo de Farmacoxenómica e xenómica de poboacións do proxecto “IMPaCT – GENóMICA”, financiado polo Instituto de Saúde Carlos III (Ver detalle da oferta 1 e detalle da oferta 2).
- [PECHADO] A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica busca incorporar un perfil bioinformático senior orientado á secuenciación masiva de ADN. A admisión de candidaturas será do 13 ao 23 abril.
- [PECHADO] Convocatoria de unha Praza Principia na FPGMX. Requisitos: licenciado con máster en Ciencias da saúde, máximo 11 meses de experiencia e menos de 35 anos. Plazo de presentación ata o 21/09/2020. –> Concedida.