InInvestigadora postdoutoral no Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Obtuvo a súa licenciatura en Farmacia no 2006 (USC), o máster en Medicina Molecular no 2008 (USC) e o doutorado con mención europea no 2013 (USC). A súa investigación centrouse na análise do ADN degradado, así como na inferencia da orixe bioxeográfica e características físicas.
Tras finalizar a súa tese doutoral continuou a súas pesquisas na mesma institución e dende entón, comenzou a traballar no campo da epixenética aplicada á xenética forense. Do 2015 ó 2017 realizou unha estadía postdoutoral no Instituto de Medicina Legal da Universidade de Colonia (Alemania); tras a mesma, reincorporouse ó Instituto de Ciencias Forenses da USC. Ademáis, realizou estadías noutros centros internacionais do Brasil, Bélxica e Polonia.
A día de hoxe; os seus principais intereses científicos céntranse no estudio de marcadores epixenéticos tales como a metilación do ADN, especialmente para a estima da idade individual; así como na evaluación de ferramentas bioinformáticas para o desenrolo de modelos de predición a partires do ADN.
É membro da Sociedade Internacional de Xenética Forense (ISFG) e referee da revista Forensic Science International: Genetics.