Servicios de Xenómica

A aplicación das máis modernas tecnoloxías de análise xenética ou farmacéutica requiren, ademais dos equipos necesarios, un coñecemento experto para a interpretación adecuada dos resultados obtidos.

Igualmente, para o deseño e a valoración da oportunidade da realización destes estudos, antes de iniciar o proceso é imprescindible ter un adecuado coñecemento xeral do campo e específico das capacidades, limitacións e alternativas en cada caso.

Unha parte dos recursos da fundación dedícanse a proxectos para o desenvolvemento e mellora de tecnoloxías postas ao servizo de todas as áreas e da comunidade científica.

O Grupo de Medicina Xenómica ofrece servizos de consultoría e asesoramento nas diversas áreas de actividade nas que opera a través de equipos multidisciplinarios de científicos profesionais con longa experiencia e recoñecida reputación e liderado.

Servizos de excelencia para investigadores e profesionais sanitarios e biotecnolóxicos. Coñeza as nosas áreas, contacte coa persoa responsable da área do seu interese e informarao de todas as posibilidades:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue navigando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies