Centro Nacional de Xenotipado

cegen

Tfno: 981955191
e-mail: coordinacion.cegen@usc.es

 

O Centro Nacional de Genotipado nace no ano 2003, grazas ao impulso de Genoma España co obxectivo de ofrecer servizos de xenotipado de alto rendemento de SNPs (do inglés Single Nucleotide Polymorphisms), CNVs (do inglés CopyNumberVariations) e InDels (do inglés Insertions and Deletions) e análise de metilación do ADN, a grande escala e baixo custo, tanto en humanos como en calquera outra especie animal ou vexetal.

En 2010, é xa unha plataforma consolidada que pasa a converterse, primeiro nunha Estrutura Estable de Investigación Cooperativa e posteriormente nunha Plataforma de apoio á investigación en ciencias e tecnoloxías da saúde do Instituto de Salud Carlos III.

CeGen dispón das plataformas de xenotipado de alto rendemento de MassArray (AgenaBioscience), GeneChip e Axiom (ThermoFisher) e SureScan Microarray Scanner (Agilent Technologies). Este equipamento actualizado, ao alcance de poucos centros de investigación, permítenos proporcionar un servizo totalmente integrado e de elevado nivel desde a fase de deseño inicial do proxecto até a análise dos resultados:

1. Pre-xenotipado:

  • Soporte na selección de SNPs, CNV, e/ou indels de rexións ou xenes de interese previamente establecidos polo investigador.
  • Asesoramento sobre a tecnoloxía de xenotipado máis conveniente para cada proxecto.
  • Servizos complementarios ao xenotipado: extracción, cuantificación, normalización, amplificación, purificación e verificación da integridade do ADN.

2. Xenotipado

Na actualidade, o CeGen-ISCIII dispón de oito plataformas tecnolóxicas para levar a cabo estudos de xenotipado a grande escala que permiten facer desde unha análise do xenoma completo ata un xenotipado a medida. Segundo o número de SNPs,CNVs e/ou InDels, o número de mostras que se desexa analizar e a flexibilidade á hora de elixir marcadores, seleccionarase unha das tecnoloxías dispoñibles.

3. Post-xenotipado

  • Asesoramento científico.
  • Apoio en ferramentas de análise dos resultados do xenotipado.

Financiación: Instituto de Salud Carlos III (PT17/0019/0025), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) Unha maneira de facer Europa.

Indicadores de actividade (2018-2021):

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue navigando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies