Coleccións de mostras

O grupo de Medicina Xenómica, conta cun amplo número de mostras biolóxicas e datos asociados ás mesmas, que foron incluídas en varias coleccións a fin de poder facer uso delas nos proxectos de investigación das diferentes áreas de investigación nas que traballamos.

Todas as coleccións foron inscritas no rexistro nacional de coleccións do ISCIII::

  • C.0001349: Investigación en Ictiose Conxénita Autosómica Recesiva
  • C.0001353: Investigación en Forense
  • C.0001360: Investigación en xenética de enfermidades neurolóxicas
  • C.0001387: Investigación en farmacoxenética e farmacoxenómica
  • C.0002864: Investigación en cancro
  • C.0003145: Bases xenéticas de trastornos psiquiátricos
  • C.0003366: Periodontitee susceptibilidade xenética
  • C.0003820: Xenética das Enfermidades Raras
  • C.0000537: Investigación en morte súbita cardíaca
  • C.0000538: Investigación en enfremidades oftalmolóxicas
  • C.0000539: Investigación en enfermidades xenéticas aórticas
  • C.0000540: Investigación en farmacoxenética

Ademais, a través da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, mantense un convenio de colaboración co CIBER para a optimización e dispoñibilidade da PLATAFORMA DE ADN. Esta plataforma permite a xestión das coleccións de mostras de ADN representativas da poboación española con trastornos mentais, asegurando o seu uso racional, eficaz, ético e legal, ademais de garantir o cumprimento dos dereitos dos doadores en beneficio de todos os grupos de investigación integrantes do CIBERSAM.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue navigando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies