Tfno: 881815480
E-mail: farmaxen.coordinacion@usc.es
A investigación no campo da farmacoxenética e farmacoxenómica vai moito máis aló dos fármacos que usamos actualmente na clínica.
Moitos fármacos prometedores para o tratamento dunha enfermidade fallan nos últimos pasos para a súa aprobación debido principalmente á falta de eficacia ou efectos adversos. A xenética humana pode apoiar o desenvolvemento de novas terapias e ofrecer novo coñecemento sobre a súa seguridade de forma temperá no desenvolvemento de fármacos. A incorporación dos coñecementos de xenética durante as primeiras fases de desenvolvemento de fármacos pode permitir a estratificación de pacientes e a identificación de subgrupos de pacientes que son máis propensos a responder.
O grupo de Medicina Xenómica apostou pola integración desta disciplina no desenvolvemento temperán de fármacos, o cal se ve favorecido pola proximidade entre as instalacións da plataforma de Innopharma e da área de farmacoxenética.