INNOPHARMA é unha iniciativa galega para o descubrimento temperán de fármacos que achega apoio tecnolóxico para potenciar o sector farmacéutico en Galicia, trasladando o saber facer académico a proxectos de descubrimento de fármacos. É unha plataforma de investigación farmacoxenómica, baseada no coñecemento que xunta as capacidades das plataformas de xenotipado e de screening de fármacos da Universidade de Santiago de Compostela, lideradas polos doutores Ángel Carracedo e Mabel Louza respectivamente. O seu obxectivo é cubrir o oco (gap) existente entre a investigación básica en novos mecanismos terapéuticos e a súa aplicación industrial; levando a cabo proxectos que permitan engadir valor ao coñecemento científico e trasladalo a programas de descubrimento de fármacos.
Esta iniciativa apóiase en tres alicerces:
- Plataforma de farmacoxenómica con infraestruturas de alta capacidade e uso de estándares industriais.
- Desenvolvemento constante dunha quimioteca privilexiada de compostos para a procura de hits sobre as dianas candidatas e dunha plataforma de ensaios biolóxicos para screening de alta capacidade en ensaios de eficacia e seguridade.
- Aplicación a programas innovadores de descubrimento temperán de fármacos.
¿Que ofrece Innopharma?
PARTICIPAR NO DESENVOLVEMENTO DE MEDICAMENTOS QUE CHEGUEN AOS PACIENTES.
INNOPHARMA achega aos programas seleccionados:
– Infraestruturas de alta capacidade e uso de estándares industriais en innovación aberta.
– Experiencia e capacidades para:
validación de novas dianas terapéuticas.
desenvolvemento de ensaiospara screening de alta capacidade.
novos modelos traslacionais para probas de eficacia in vitro e ensaios en paneis de seguridade.
identificación de moléculas activas e a súa optimizaciónata chegar a candidatos a desenvolvemento preclínico, e clínico, etc.
– Uso dunha quimioteca privilexiada de compostos para a procura de hits sobre as dianas candidatas que inclúe moléculas con diversidade química e biolóxica, fármacos para reposicionamento e compostos exclusivos anotados bioloxicamente.
– Publicacións de alto índice de impacto.
– Propiedade intelectual compartida.
– Posibilidade de proxectos de colaboración con outros grupos públicos e privados a nivel nacional e internacional.
A finalidade desta convocatoria de Innopharma é contribuír á valorización e á transferencia de tecnoloxía dos proxectos seleccionados.